Despacho de avogacía · O Morrazo e Vigo
Defensa xurídica clara, próxima e sen rodeos
Asesoramento legal para persoas e para pequenas e medianas empresas. Explícoche as túas opcións con palabras claras e acompáñote en todo o proceso.
Co fin de ofrecer un servizo integral e especializado, contamos coa colaboración de profesionais de todos os ámbitos: procuradores, economistas, enxeñeiros, médicos, xestores inmobiliarios e todo tipo de peritos xudiciais.
Proximidade
Fáloche claro e directo. Trato persoal de principio a fin, sen intermediarios nin tramitadores que che pasan de man en man.
Experiencia
Dende 2014 exercendo en Vigo e O Morrazo, en todas as xurisdicións e ante todos os tribunais.
Transparencia
Sabes desde a primeira consulta o que se pode facer, o que non, e canto vai custar. Sen sorpresas e con todas as facilidades de pagamento posibles.
Que fago?
En que te podo axudar
Cada materia ten a súa páxina propia con todo o detalle. Aquí tes un resumo do que abrangue cada área.
Civil
Familia, divorcios e custodia de mascotas, herdanzas, dereito bancario, Lei de Segunda Oportunidade, arrendamentos, comunidade de propietarios e reclamación de débedas.
Laboral
Despedimentos disciplinarios, obxectivos, colectivos, improcedentes ou nulos, redución de xornada, conciliación, ERE e ERTE.
Seguridade Social
Pensións, incapacidades temporais ou permanentes e accidentes de traballo.
Administrativo
Responsabilidade patrimonial, recursos de alzada, reposición, revisión e contencioso-administrativos, sancións, urbanismo e estranxeiría.
Tributario
Reclamacións e recursos fronte actuacións indebidas e devolución de ingresos indebidos.
Penal
Defensa e acusación en lesións, violencia de xénero, seguridade viaria, tráfico de drogas e outros delitos.
Herdanzas e Sucesións
Asesoramento persoal en todas as xestións antes e despois do falecemento: testamentos, herdanzas, declaracións de herdeiros e trámites notariais e rexistrais.
Como traballo
Sinxelo, claro e sen sorpresas
Primeiro contacto
Chámasme ou escríbesme e cóntasme o que che pasa, con calma e sen compromiso ningún, e axendaremos unha cita presencial ou telemática como mellor te veña.
Estudo do caso
Miro a túa documentación con detalle e dígoche con sinceridade que opcións tes de verdade.
Estratexia e orzamento
Acordamos xuntos o camiño a seguir e o custo por adiantado, con todas as facilidades de pagamento.
Acompañamento
Levo o teu caso eu mesma e téñote ao día en cada paso, sen que teñas que perseguirme.
Sobre min
Son Sara de Matos e levarei o teu caso persoalmente.
Ola! Son Sara de Matos, avogada, levo dende o ano 2014 defendendo os dereitos das persoas. Escoitarei o teu caso coa mesma atención coa que me gustaría que escoitasen o meu: con proximidade, empatía e profesionalidade.
Especialiceime na defensa das persoas consumidoras fronte aos abusos de aseguradoras e bancos, pero a miña verdadeira paixón é a defensa das persoas traballadoras e o Dereito Civil, en especial herdanzas e familia.
Blog
Dereito en linguaxe clara
Civil · Dereito bancario
Cancela as túas débedas e empeza de novo
Escoitaches falar da Lei da Segunda Oportunidade? Cada vez son máis as persoas que descobren que existe un procedemento legal que permite cancelar, total ou parcialmente, as débedas e volver comezar sen esa carga económica que parece non ter fin.
Proximamente
Novas entradas en camiño
Estou preparando máis artigos en linguaxe clara sobre os temas que máis preocupan.
Proximamente
Novas entradas en camiño
Volve pronto: irei publicando de forma regular sobre dereito civil, laboral e do consumidor.
Preguntas frecuentes
Antes de chamar, quizais che axude isto
Canto custa a primeira consulta?
A primeira consulta é gratuíta e sen compromiso. Escóitote con calma, valoro o teu caso e dígoche con sinceridade se hai algo que se poida facer.
En que idioma me atendes?
No que ti esteas máis cómodo: atendo indistintamente en galego e en castelán.
Onde traballas?
En O Morrazo e Vigo. Levo asuntos ante os tribunais da comarca e en todas as xurisdicións. Cobertura en todo o territorio nacional: somos unha firma que presta os seus servizos a nivel nacional, con capacidade para ofrecer solucións legais nun contorno cada vez máis globalizado. Contamos con oficina en Vigo e proximamente tamén en Moaña.
Podo pagar a prazos?
Si. Busco sempre as facilidades de pagamento que fagan falta, para que o custo non sexa o que te free.
Canto tarda en resolverse o meu caso?
Depende de cada asunto e do xulgado, pero desde o primeiro día explícoche prazos realistas para que non te leves sorpresas.