Ola! Son Sara de Matos, avogada, levo dende o ano 2014 defendendo os dereitos das persoas. Escoitarei o teu caso coa mesma atención coa que me gustaría que escoitasen o meu: con proximidade, empatía e profesionalidade.
O meu día a día levoume a especializarme na defensa das persoas consumidoras fronte aos abusos das aseguradoras, entidades financeiras e outras grandes compañías. Mais a miña verdadeira paixón é a defensa das persoas traballadoras e o Dereito Civil, especialmente en materia de herdanzas e familia.
Como non existe unha única solución para cada problema legal, ofrecemos un asesoramento totalmente personalizado, buscando a mellor alternativa para cada cliente. O noso obxectivo é que, durante todo o proceso, te sintas escoitado, seguro e, sobre todo, ben informado.
Falamos?Proximidade
Fáloche claro e directo. Trato persoal de principio a fin, sen intermediarios nin tramitadores que che pasan de man en man.
Experiencia
Dende 2014 exercendo en Vigo e O Morrazo, en todas as xurisdicións e ante todos os tribunais.
Transparencia
Sabes desde a primeira consulta o que se pode facer, o que non, e canto vai custar. Sen sorpresas e con todas as facilidades de pagamento posibles.
Cóntame o teu caso
A primeira consulta é gratuíta e sen compromiso, e con todas as facilidades de pagamento posibles. Escríbeme ou chámame e miramos xuntos que se pode facer.