O Dereito Administrativo regula a túa relación coas administracións públicas —Concellos, Xunta, Estado, Catastro— coas súas propias regras e prazos, que non sempre son fáciles de seguir. Fronte a unha sanción, un silencio ou unha resolución inxusta, tes dereito a defenderte.
Lévoo pola vía administrativa e, se non hai acordo, pola contencioso-administrativa, cun acompañamento claro en cada paso do procedemento.
Que fago?
En que te podo axudar
Responsabilidade patrimonial da Administración.
Recursos tanto en vía administrativa —de alzada, reposición, revisión— como en vía xudicial —Recurso contencioso-administrativo—.
Sancións administrativas.
Urbanismo.
Estranxeiría (nacionalidade española por residencia, por nacemento e por matrimonio), tanto na vía administrativa como na contencioso-administrativa.
Co fin de ofrecer un servizo integral e especializado, contamos coa colaboración de profesionais de todos os ámbitos: procuradores, economistas, enxeñeiros, médicos, xestores inmobiliarios e todo tipo de peritos xudiciais.
Cóntame o teu caso
A primeira consulta é gratuíta e sen compromiso, e con todas as facilidades de pagamento posibles. Escríbeme ou chámame e miramos xuntos que se pode facer.
Outras áreas