O Dereito Laboral regula a relación entre quen traballa e quen contrata. É un terreo no que os prazos corren moi rápido —sobre todo tras un despedimento— e no que unha boa defensa a tempo marca a diferenza.
Se tes un conflito no traballo, estudo o teu caso, dígoche que opcións reais tes e defendo os teus dereitos ante a empresa e, se cómpre, ante o xulgado do social.
Que fago?
En que te podo axudar
Despedimentos disciplinarios, obxectivos e colectivos.
Despedimentos improcedentes ou nulos.
Redución de xornada.
Medidas de conciliación familiar e laboral.
ERE e ERTE.
Co fin de ofrecer un servizo integral e especializado, contamos coa colaboración de profesionais de todos os ámbitos: procuradores, economistas, enxeñeiros, médicos, xestores inmobiliarios e todo tipo de peritos xudiciais.
Cóntame o teu caso
A primeira consulta é gratuíta e sen compromiso, e con todas as facilidades de pagamento posibles. Escríbeme ou chámame e miramos xuntos que se pode facer.
Outras áreas