Sara de Matos, Avogada

Inicio  /  Servizos  /  Herdanzas e Sucesións

Herdanzas e Sucesións

Ofrecemos un asesoramento persoal en todas as xestións que se demandan antes e despois do falecemento dunha persoa.

Pedir consulta Teléfono644 054 132 Primeira consulta gratuíta

Atendemos as particularidades de cada cliente e adaptámonos ás súas distintas necesidades.

Que fago?

En que te podo axudar

Xestión documental e tributaria coas entidades administrativas públicas.

Liquidación de impostos e plusvalías.

Redacción de testamento.

Xestión da herdanza en notaría.

Declaración de herdeiros ab intestato.

Inventario e partición da herdanza.

Inscrición rexistral dos bens adquiridos.

Xestión de Pacto de Mellora.

Tramitación da pensión de viuvez e orfandade.

Aprobación xudicial da herdanza.

Todos os trámites adicionais que sexan necesarios.

Como tramitamos a túa herdanza?

Asesoramento xurídico e fiscal

Encargámonos de ofrecerche un servizo persoal, tanto en castelán como en galego, para a correspondente tramitación sucesoria.

Xestión documental e tributaria

Obtemos todos os documentos necesarios para a tramitación da herdanza e a liquidación do imposto de sucesións e das plusvalías correspondentes nos concellos correspondentes.

Venda e tramitación de inmobles

Encargámonos de todos os trámites inmobiliarios, así como das actuacións xudiciais nos casos nos que exista unha persoa incapacitada.

Declaración de herdeiros «ab intestato»

Realizamos as xestións necesarias para a confección e sinatura da Declaración de Herdeiros «ab intestato» nos casos nos que o causante non outorgase testamento.

Recepción da herdanza e testamentaría

Asumimos a xestión integral da testamentaría para que non teñas que preocuparte por nada.

Inscricións rexistrais dos bens adquiridos

Inscribimos os bens inmobles adquiridos nos diferentes Rexistros da Propiedade de ámbito nacional.

Co fin de ofrecer un servizo integral e especializado, contamos coa colaboración de profesionais de todos os ámbitos: procuradores, economistas, enxeñeiros, médicos, xestores inmobiliarios e todo tipo de peritos xudiciais.

Cóntame o teu caso

A primeira consulta é gratuíta e sen compromiso, e con todas as facilidades de pagamento posibles. Escríbeme ou chámame e miramos xuntos que se pode facer.

Outras áreas

Civil Laboral Seguridade Social Administrativo Tributario Penal